miércoles, 2 de septiembre de 2015

Por Unha Marea Galega:



É a hora da Unidade Popular,  da Confluencia da esquerda, da clase traballadora galega, da xenerosidade, da altura de miras e de deixar a un lado os egos, os personalismos, os protagonismos e a predominancia dunhas siglas sobre as outras. É a hora de xuntarnos, unirnos, de cooperar conxuntamente pra conformar unha Gran Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas unha Marea Galega con grupo parlamentario propio pra as vindeiras Eleccions Xerais pero tamén para as seguintes eleccións autonómicas na que quepamos todos/as, na que todos/as traballemos conxuntamente e colaborativamente , onde todos/as sexamos necesarios/as e nadie imprescindible  porque é mais o que nos une que o que nos separa. Desde a miña humilde opinión esa Candidatura de Unidade Popular e de esquerdas esa Marea Galega debe contar  co total protagonismo cidadán e dos movementos sociais, debe estar construída dende abaixo, dende as bases, de forma democrática, inclusiva, plural, horizontal, participativa. Os partidos políticos que apoien este proceso de Unidade Popular esta Marea Galega son benvidos pero deben estar nun segundo plano, acompañando este proceso e non tutelándolo ou instrumentalizandolo . Esta Marea Galega debe ter un Programa Común claramente de esquerda e antineoliberal totalmente aberto, inclusivo, participativo que defenda o Ensino Público  e a Sanidade Pública, o dereito a unha vivenda digna, os servizos públicos, a igualdade de oportunidades, a xustiza social, o dereitos humans, os dereitos sociais, a nosa cultura, o noso idioma galego e os nosos sectores productivos,  os dereitos da clase traballadora galega e do pobo galego. Esta Marea Galega é fundamental pra democratizar a economía, pra rescar o público, pra recuperar as institucións pra a xente, pra transformar a sociedade  e pra o cambio político e ese  cambio político debe protagonizalo a cidadanía empoderada e os movementos sociais que todos os días loitan na rúa por un mundo máis xusto, humano, solidario e democrático

No hay comentarios:

Publicar un comentario