lunes, 14 de septiembre de 2015
24 de Outubro. Enchemos o Obradoiro de Dignidade:
O Vindeiro 24 de Outubro A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade ímonos Manifestar as 12:00 horas do Mediodía no Obradoiro en Santiago de Compostela contra as políticas neoliberais, de austeridade e de salvaxes recortes da Troika e do goberno de Rajoy e do PP, unhas políticas neoliberais, austericidas, inxustas, crueis, salvaxes, antisociais que están condeándonos o paro, a precaridade laboral, a pobreza, a exclusión social, a miseria e o exilio económico a maioría social e a clase traballadoras. Voltamos o Obradoiro a Manifestarnos como xa fixemos mais veces na defensa dos dereitos sociais, dos servizos públicos, da Sanidade e do Ensino Publicos, do dereito a unha vivenda digna e a opoñernos rotundamente a Ley Mordaza, o recorte nos servizos públicos, nas liberdades democráticas , nos dereitos dereitos sociais, así como os desafiuzamentos e o Tratado de Libre Comercio( TTIP) entre os EEUU e a UE. Imos o Obradoiro de Santiago de Compostela a dicir alto e claro que o Pobo ten dereito a Pan, Traballo, Teito e Dignidade e que esta Crise é unha gran Estafa, un gran roubo e un gran atraco a cidadanía pra incrementar os privilexios e os beneficios dunha minoría privilexiada a costa do empobrecemento salvaxe e do recorte de dereitos da maoría social e da clase traballadora. As Marchas da Dignidade facemos un chamamento a toda a cidadanía a que o vindeiro 24 de Outubro nos acompañe, participe e acuda con nos o Obradoiro de Santiago de Compostela porque é importante que enchemos o Obradoiro de Dignidade e que a cidadanía sigamos defendendo nas rúas os nosos dereitos e a nosa dignidade así como tamén é fundamental que a cidadanía nos empoderemos e fagamos política por nos porque se non facemos política pra defender os nosos dereitos e a nosa dignidade outras persoas farán política por nós e contra nós e nos roubaran os dereitos, a dignidade a democracia e hasta a cartera. O 24 de Outubro enchemos o Obradoiro de Dignidade e revindiquemos e digamos alto e claro que o Pobo ten dereito a Pan, Traballo , Teito e Dignidade
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario