domingo, 26 de abril de 2009

O que motivoume para militar no Partido Socialista

Pasarei a relatarvos que foi o que me animou a militar nas Xuventudes Socialistas de Galicia e no meu caso máis concretamente en Ferrol que é o meu lugar de residencia e onde nacín e vivo aínda que estou por semana en Coruña debido aos meus estudos.Para comezar, pois dende que fun pequeno vin nos meus pais o sacrificio que fixeron para manternos á miña irmá e a min e infundíronseme valores de respecto, solidariedade, sacrificio e xenerosidade. Eles foron os que me ensinaron que é o Socialismo, que ao meu modo de ver é intentar lograr unha sociedade máis xusta e facer felices aos demais na medida do posíbel, xa co paso dos anos e ver na casa estes valores que se me foron inculcando e coas lecturas, charlas, conversas con xente da familia, amigos e coñecidos, foime involucrando e fóiseme espertando o activismo e a conciencia social da que fai falla cambiar a sociedade na que vivimos que unicamente está baseada no capital descoidando ás persoas e que o capital condénsase cada vez en menos mans e a pobreza vaise xeneralizando ao resto da Humanidade.Creo firmemente que podemos cambiar as cousas que hoxe en día suceden, só necesitamos moz@s solidari@s, críticos e autónomos, que participen e con vontade de facer deste mundo no que vivimos un lugar máis xusto, onde non haxa ricos nin pobres e onde todos teñamos os mesmos dereitos e obrigas onde só importa que es persoa e que todos en definitiva poidamos gozar dunha boa educación, unha sanidade e ninguén morra nin por guerras, nin por terrorismo nin por fame.Grazas por ler este humilde comentario .

No hay comentarios:

Publicar un comentario